The Simpsons (tempada 4)

A cuarta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente na cadea Fox dende o 24 de setembro de 1992 até o 13 de maio de 1993, comezando co capítulo Kamp Krusty. Os produtores executivos foron Al Jean e Mike Reiss.[1] A tempada contivo dous episodios que pasaron polo proceso de produción durante a tempada previa, cuxos show runners tamén foron Jean e Reiss. Despois da finalización da tempada, Jean, Reiss e a meirande parte do persoal de guionistas abandonaron a serie. A cuarta tempada estivo nomeada para dous premios Primetime Emmy, e Dan Castellaneta gañaría pola súa actuación como Homer Simpson no episodio Mr. Plow o premio á mellor actuación de voz. A tempada foi lanzada en DVD na Rexión 1 o 15 de xuño de 2004, na Rexión 2 o 2 de agosto de 2004 e na Rexión 4 o 25 de agosto do mesmo ano.

  1. Richmond, p. 92

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search